Friday 10 de May de 2024

A Xunta habilita aulas de capacitación dixital en 55 centros de educación de persoas adultas para formar a máis de 2.800 persoas


— Esta actuación permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais en servizos como a banca, o aceso ás administracións ou o consumo telemático

— As actividades dirixiranse aos maiores de 55 anos, atendendo especialmente a fenda de xénero á poboación vulnerable e ás zonas rurais

A Xunta de Galicia vén de habilitar aulas nos centros de educación para persoas adultas co obxectivo de facilitar a capacitación dixital. O Portal Educativo vén de publicar a resolución pola que 55 centros que imparten estas ensinanzas incorporan estas novas funcións, co obxectivo de formar en competencias dixitais básicas a 2.815 persoas en Galicia durante o ano 2023.

Esta actuación permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática.

As actividades irán dirixidas, preferentemente, ás persoas maiores de 55 anos cun nivel baixo de cualificación neste eido, atendendo especialmente a fenda de xénero á poboación vulnerable e ás zonas rurais.

Con esta medida, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pretende impulsar as actuacións que levan a cabo os centros que imparten educación de persoas adultas, ao tempo que se cumpre o establecido na Estratexia Edudixital 2030, que ten como eixo segundo a mellora das competencias dixitais da cidadanía no ámbito das súas competencias.

A relación de centros dotados con estas aulas é a que se reflicte no seguinte cadro:

Provincia Concello Nome do centro
A Coruña Arteixo IES de Sabón
A Coruña Betanzos IES As Mariñas
A Coruña Carballo IES Isidro Parga Pondal
A Coruña Cee IES Fernando Blanco
A Coruña A Coruña EPAPU Eduardo Pondal
A Coruña A Coruña IES Plurilingüe Eusebio da Guarda
A Coruña Culleredo IES Rego de Trabe
A Coruña Curtis EPAPU de Teixeiro
A Coruña Ferrol EPAPU Sta. María de Caranza
A Coruña Ferrol IES Concepción Arenal
A Coruña Melide IES de Melide
A Coruña Muros IES Plurilingüe Fontexería
A Coruña Noia IES Campo de San Alberto
A Coruña Outes IES Poeta Añón
A Coruña As Pontes de García Rodríguez IES Plurilingüe Castro da Uz
A Coruña Ribeira IES Nº 1
A Coruña Sada IES Isaac Díaz Pardo
A Coruña Santiago de Compostela IES San Clemente
Lugo Burela IES Monte Castelo
Lugo Chantada IES Lama das Quendas
Lugo Foz IES de Foz
Lugo Lugo EPAPU Albeiros
Lugo Monforte de Lemos IES Río Cabe
Lugo Monterroso EPAPU de Monterroso
Lugo Outeiro de Rei EPAPU de Bonxe
Lugo Ribadeo IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Lugo Sarria IES Gregorio Fernández
Lugo Vilalba IES Lois Peña Novo
Lugo Viveiro IES María Sarmiento
Ourense O Barco de Valdeorras IES Lauro Olmo
Ourense O Carballiño IES Manuel Chamoso Lamas
Ourense Ourense EPAPU de Ourense
Ourense Ourense IES Ramón Otero Pedrayo
Ourense O Pereiro de Aguiar EPAPU de Pereiro de Aguiar
Ourense Verín IES García-Barbón
Pontevedra Bueu IES Johan Carballeira
Pontevedra Cambados ES Francisco Asorey
Pontevedra Cangas IES de Rodeira
Pontevedra A Estrada IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
Pontevedra A Guarda IES A Sangriña
Pontevedra Lalín IES Laxeiro
Pontevedra A Lama EPAPU Nelson Mandela
Pontevedra Nigrán IES Escolas Proval
Pontevedra Ponteareas IES Val do Tea
Pontevedra Pontevedra EPAPU Río Lérez
Pontevedra O Porriño IES Ribeira do Louro
Pontevedra Redondela IES Pedro Floriani
Pontevedra Silleda IES Plurilingüe Pintor Colmeiro
Pontevedra Tui IES Indalecio Pérez Tizón
Pontevedra Vigo EPAPU Berbés
Pontevedra Vigo IES Castelao
Pontevedra Vigo IES de Teis
Pontevedra Vigo IES Politécnico de Vigo
Pontevedra Vigo IES Santa Irene
Pontevedra Vilagarcía de Arousa IES Armando Cotarelo Valledor